O curso chega ao seu fin

O curso chega ao seu fin e comezan as vacacións de verán, un tempo preciosísimo para ir á praia, saír coa familia, compartir cos amigos, andar sen présa. Ademais o verán é un tempo ideal para a lectura: un libro sempre connosco que se encha de area, que se roce coa herba, que se dobre co vento, que se gaste co uso.

A última sesión do club foi fermosa e rebuldeira. Houbo comentarios sobre La emperatriz de los etéreos, marcapáxinas lindísimos (agasallo da última Xornada de Clubs de Lectura celebrada en Santiago), pinciñas multicolores e moitos caramelos para o noso fin de festa.

Grazas a todos os membros do club polo voso entusiasmo, pois semana a semana fixéchedes real iso de que ler é un pracer e grazas a todos os colaboradores, de maneira especial ao mestre Miguel, que compartiu connosco moitas sesións.
Pasade un moi bo verán!

Que estamos a ler?

La Emperatriz de los Etéreos, de Laura Gallego García, é o libro que temos entre mans. O momento do inicio, acariñamos a portada, ulimos as páxinas, comezamos a ler...

"Cuentan que más allá de los Montes de Hielo, más allá de la Ciudad de Cristal, habita la Emperatriz en un deslumbrante palacio, tan grande que sus torres más altas rozan las nubes, y tan delicado que parece creado con gotas de lluvia. Dicen que la Emperatriz es tan bella que nadie puede mirarla a la cara sin perder la razón; dicen también que es inmortal y que lleva miles de años viviendo en su palacio, en el Reino Etéreo, un lugar de maravilla y misterio que aguarda a todos los que son lo bastante osados como para aventurarse hata él. Allí, en el palacio de la Emperatriz, no existe el sufrimiento, ni se pasa frío, y no es necesario comer, porque nunca se tiene hambre..."

La ley de la calle

As pandillas marcando territorio...

La ley de la calle foi escrito pola escritora estadounidense Susan E. Hinton (Tulsa, Oklahoma, 1950). Cando tiña 17 anos acadou a fama co seu libro Rebeldes, que sería traducido inmeditamente a moitos idiomas e convertido en película por Francis Ford Coppola. La ley de la calle, a súa segunda obra, tamén foi levada ao cine por Coppola, obtendo un éxito semellante á anterior. Outras obras desta autora son Tex e Esto ya es otra historia.
A acción de La ley de la calle desenvólvese nos suburbios dunha cidade estadounidense, onde Rusty James, o protagonista, intenta defender a súa posición como líder do grupo nun mundo de pandillas e pelexas e con añoranza dun tempo que xa non existe. Rusty James admira profundamente ao Chico da Moto, un personaxe enigmático, ao que quere parecerse.

Quen dixo medo?

Tira da páxina decidiu homenaxear o mestre do terror Edgar Allan Poe no bicentenario do seu nacemento (1809-1849), deixándolle un lugar privilexiado no seu espazo da biblioteca escolar.


Se te atreves a ler algúns dos seus contos...pincha aquí:

Quen dixo medo?
Siniestras amadas, Jack Mircala
Tres cuentos de Poe en b/n, Xavier Besse
El gato negro y otros cuentos, Luis Scafati (ilustrador)

Xunto coas obras de Poe, tamén poderás atopar na estantería obras de terror doutros autores que te producirán...calafríos...

Coraline, Neil Gaiman
Los mitos de Cthulhu , H. P. Lovecraft e outros autores
A volta do parafuso, Henry James

Charla-coloquio

Con motivo do Mes das Letras (abril-maio 2009), os membros de Tira da páxina deron unha charla aos seus compañeiros de 1ESOA para falarlles do club e contarlles o que facían nas sesións. Reunidos en círculo na biblioteca escolar, foron un por un desgranando todos os secretos desta nosa asociación: quen somos, por que Tira da páxina, onde nos reunimos, cando, que facemos, que libros limos... O coloquio rematou coa entrega dunhas enquisas preparadas por Carla para coñecer, por unha banda, a súa opinión e por outra, para saber se alguén se quería unir ao club. O fin de festa foron uns caramelos, a parte máis doce da actividade!


Grazas a esta actividade, Tira da páxina conta agora con catro novos membros: Paloma, Sara, Melanie e Pablo. A familia medra!

Expositor de cómics

O noso espazo da biblioteca énchese agora de moreas de cómics. A lectura de A mansión dos Pampín abriunos o apetito!
Estes son algúns dos cómics que podedes atopar na biblioteca escolar:




Maus, Art Spiegelman

La montaña mágica, Jiro Taniguchi

Calvin y Hobbes, Bill Watterson



Quiéreme bien. Unha historia de maltrato, Rosalind B. Penfold

Os lobos de Moeche, Manel Cráneo

De profundis, Miguelanxo Prado

Os amigos de Archimboldo Roque, Jacobo Fernández

A mansión dos Pampín

Esta casa é unha ruina!

Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) é un dos autores españois máis respetados internacionalmente, sendo a súa obra de maior repercusión a multipremiada Trazo de Tiza (1992). Afeccionado á pintura e á lectura dende novo, Miguelanxo Prado descubriu o cómic e interesouse polo medio aos 20 anos (impresionado por autores como Moebius e Sergio Toppi), abandoou os estudios de arquitectura e decide adicarse profesionalmente á historieta, iniciando unha traxectoria nas revistas de cómics para adultos dos 80, publicando tamén no semanario de cómic de humor El Jueves. Durante os 90 deseña personaxes para TV (como o Xabarín para a TVG ou a serie de animación de Men in Black producida por Steven Spielberg). Dende 1998 é tamén director de Viñetas desde o Atlántico, o Salón de Cómica que se celebra cada verán na Coruña. En 2003 foi escollido por Neil Gaiman para participar na novela gráfica colectiva The Sandman: Endless Nights. En 2005 realiza a súa primeira incursión no mundo do cine con De profundis.

A mansión dos Pampín (2005) foi un álbum de encargo enmarcado dentro da iniciativa "Proxecto Terra". Trátase dun proxecto do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que presenta materiais en diferentes soportes e formatos para promover a incorporación da arquitectura na Educación Secundaria. [Info: http://www.guiadelcomic.com/autores/miguelanxo-prado.htm]